Criterios de calidade
O modelo de Avaliación da Calidade do Ensino, e de Seguimento e Medición de resultados que se propón está baseado no Modelo da E.F.Q.M. (European Foundation of Quality Management) aplicado á Educación Superior,
Proponse un modelo de avaliación da calidade e de seguimento e medición de resultados para a Mellora Continua deste Máster con tres etapas:
-
Autoevaluación tras o primeiro ano de funcionamento, mediante o Informe de Autoevaluación que se inclúe, e dando como resultado un primeiro Plan de Accións de Mellora. Neste proceso de avaliación inicial obteríanse
- As primeiras enquisas de satisfacción, necesarias para poder analizar o criterio de resultados do proceso de autoevaluación,
- As primeiras Táboas de Indicadores, necesarias igualmente para a avaliación dos criterios.
-
Obtención periódica ( proponse cada seis meses) das enquisas de satisfacción xa melloradas tras a primeira obtención, como sistema de seguimento e medición da satisfacción de todos os implicados, e como retroalimentación sobre as accións de mellora que se irían pondo en marcha unha vez aprobado o Primeiro Plan de Accións de Mellora.
-
Re-avaliación cada tres-catro anos, incluindo a partir da primeira re-avaliación un contraste tras a Autoevaluación cun Comité de Expertos Externos (Avaliación Externa).
O Comité de Calidade debe abordar como mínimo nesta introdución os seguintes subapartados:
- Describir as principais características do ensino
- Factores que inflúen na creación do ensino.
- Cambios de organización.
- Cambios curriculares efectuados neste tempo.
- Decisións tomadas.
- Principais problemas aos que se enfronta a unidade.




