Adecuación aos obxectivos específicos da Univ. de Vigo
O programa de Posgrao aquí proposto reforza moi marcadamente varias liñas propias da Universidade de Vigo entre as que destacamos as seguintes:
Renovación e adecuación dos ensinos para a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior
Esta liña fai alusión ás demandas sociais e demandas non cubertas, ambas relevantes ao máster proposto, que cobre unha demanda social pola temática e unha demanda profesional de especialistas. Acordos de colaboración con institucións, organismos públicos e privados, empresas ou industrias para o desenvolvemento de másters, incorporando profesionais á docencia.
Captación e retención de estudantes.
A definición desta liña fala de “un dobre reto: por unha banda a necesidade de ofertar titulacións de grado e posgrado fundamentadas no prestixio e capaces de atraer e reter ao alumnado e, por outra, responder con éxito á demanda de grupos profesionais cada vez máis interesadas nunha educación superior complementaria”
Dada a estreita relación que a Universidade de Vigo mantén coa súa contorna inmediata, a cuxas demandas é especialmente sensible, habemos de destacar o interese demostrado por diversos empresas e institucións públicas neste tipo de estudos.



